Martes 22 de Septiembre del 2020     |     11909 entrevistas registradas.         

   

Busca entevistas:

A B C D E F G H I J K L M N Ñ O P Q R S T U V W X Y Z

Entrevista a María Xosé Vega Buján el día 11 de Noviembre de 2011

Pregunta.- Que pensa o BNG sobre a Lei do Aborto?

Respuesta.- Ola. Encantada de responder ás vosas preguntas. O BNG acredita na igualdade e nas mulleres. Non podemos perder un dereito de decisión, bastantes dereitos estamos a perder xa, como para nin sequera chegar aos niveis dos países europeos máis avanzados en dereitos sociais neste asunto. O que non significa renunciar a políticas preventivas e de educación sexual.

P.- Cales son as propostas que fai o BNG para a provincia de Lugo? Un saúdo e grazas por respostar

R.- A provincia de Lugo non debe perder a oportunidade de ser o territorio de trasporte intermodal de mercadorías dos portos galegos e Europa. Para iso, a estrutura do ferrocarril debe mellorarse coa dobre vía e a electrificación da mesma. É unha vantaxe económica que debemos aproveitar, porque malia o que parece, Lugo ten unha potencialidade estratéxica enorme. E ademais, temos que reforzar os nosos sectores produtivos, como o lácteo.

P.- ¿Qué están haciendo las Administraciones gobernadas por el BNG para asistir a las mujeres víctimas del caso Carioca?

R.- Na Deputación de Lugo, sendo eu responsábel de Benestar, fumos a única institución que axudou ás mulleres vítimas de mafias da prostitución, e nós colaboramos coa ONG que as asesora. Fumos os únicos que lles prestamos asistencia, a Xunta non quixo saber nada. E iso foi porque estaba o BNG, senón non terían nada.

P.- Bos días... cantos votos precisa o BNG en Lugo para acadar un escano?

R.- Necesitamos todos os daqueles que cren nunha alternatica á ditadura dos mercados. Cantos máis mellor. Non para nós, senón para Lugo e Galiza.

P.- ¿ Por qué no hacen lo posible en unir sus fuerzas con IU en Galicia? Seguro que sacarían algún diputado más, que no le vendría nada mal a la izquierda.

R.- Temos demostrado moitas veces que non temos problema ningún en colaborar con outras forzas de esquerda, pero loxicamente o BNG ten o seu programa. Pero non hai máis que revisar o que fixemos nas Cortes para ver que sempre estivemos abertos ao diálogo e o entendemento coas forzas coas que podemos entendernos, así como somos moi firmes ante os que están nas antípodas das nosas ideas.

P.- Porque é útil votar ao BNG nestas eleccións?

R.- Porque somos de esquerdas e temos unha alternativa á ditadura dos mercados e unha aposta clara pola maioría social. E porque sen o BNG en Madrid ninguén se preocupará por Galiza.

P.- Vostede cre a teoría de Rubalcaba, de que tiña un xemelgo malvado que o estivo suplantando todo este tempo no Goberno e no Congreso?

R.- O BNG en Madrid presentou en 2009 e hai catro meses iniciativas para acabar cos abusos dos bancos e a prol da dación en pago. O PSOE e o PP votaron en contra. Rubalcaba agora promete o que lle negou ao BNG e os cidadáns. Non é críbel.

P.- Hola María Xosé, Escríbolle dende Xirona (Catalunya).Moitos somos os galegos en "estado de exilio" que non entendemos que Galiza non sexa quen de aturar a saída de universitarios e profesionais con boa formación. A crise ven agravar ese regreso. ¿Que expectativa nos ofrece o BNG? Reciba un saúdo galego e amigo

R.- Saúdos para ti tamén a para todos os galegos emigrados. Temos unha xeración de xente formada e preparada á que só lle queda a opción do paro ou a emigración. Para cortar esta inxustiza nós, entre outras cousas, apostamos polo gasto público para crear emprego, non para defender a especulación. E para conseguilo vemos imprescindíbel a creación dunha banca pública galega que axude aos emprendedores e á obra social, non que sepulte o aforro galego no ladrillo e nos petos dos directivos.

P.- Son votante do BNG. Dende fai tempo sei que non son nacionalista e ao tempo son máis galego. Teño unha dúbida ante a "patética" situación política: véxome máis dado a seguir os consellos dun voto útil segundo as recomendacións de Anonymous. Sei que non vou votar ao Senado, pero, que facer para o Congreso? Voto nulo pintando sobre unha papeleta do PP ou sobre unha do PSOE, ou, indígnome sen máis votándoa a vostede?

R.- A indiganción debe tranformarse en votos á alternativa, e a alternativa en Galiza chámase BNG. A abstención beneficia o bipartidismo e, polo tanto, a ideas contrarias ás túas e ás nosas, ós que con toda a razón estamos indignados polo que está a pasar.

P.- Ola Pepa. Cal é a túa opinión sobre o movemento 15-M? Cres que os que participan nel deberían votar ao BNG?

R.- Síntome cómplice con ese movimento. Eu son rebelde, o BNG tamén, e o 15-M igual. Sempre presta ver como a xente responde á inxustiza, sexa dende os movimentos sociais como os indignados ou apoiando a altenativas políticas como o BNG.

P.- Cres que o idioma galego desaparecerá a medio prazo? Espero que non.

R.- A identificación do pobo galego coa súa lingua ten demasiado peso como para que desapereza a medio prazo. O PP, co argumento de ser cosmopolitas, negan a nosa existencia, pero para cosmopolitas nós, que estamos abertos a todas as culturas, como por exemplo a de Brasil onde falan como nós.

P.- ¿Cantabas eso de que "Esta canción no te importe, no somos de Monforte"?

R.- Por suposto, Siniestro Total forma parte da miña cultura e da deste país. E son moi bos.

P.- Boas tardes,que vai pasar co hospital de monforte de lenos?

R.- Pasará o que queira facer o PP na Xunta, á que non se lle ve moi interesada en potenciar esta servizo público, pero se por este concello é, onde goberna o BNG, está claro que estamos coa maioría da xente que reivindica que o hospital de Monforte manteña as súas competencias e non se convirta nunha recortada delegación do hospital de Lugo capital.

P.- Dende hai anos o BNG cae en cada consulta popular. Pode atribuirse á falta dun líder cun carisma? Ou máis ben a unha política de partido un tanto errática?

R.- O BNG segue forte e unido de cara ás eleccións xerais. Somos unha organización que reflexiona constantemente, o que non é habitual noutras forzas políticas, illadas nas súas sedes. Nestas eleccións estamos convencidos de que volveremos a subir en apoios.

P.- buenos dias maria xose cual es la posicion del BNG sobre la crisis actual del euro, defiende la continuidad de una unica zona euro o le parece bien salir de la moneda unica. gracias y mucha suerte

R.- Grazas. Baixo o paraugas da UE hai realidades moi distintas e é necesaria máis cohesión e un Banco Central Europeo que pense na xente e non nos mercados. O problema non é Europa, senón o neoliberalismo. A UE debe aprender deste crise e cambiar de rumbo.

P.- En Galiza o PP ía rematar coa crise en 45 días e literamente dobrou todos os indicadores negativos, paro e demais. O PSOE está ao que ordenen os misteriosos "mercados". Que nos queda?

R.- Queda apostar polo BNG, que é unha alternativa política. Sempre nos queda a rebeldía, o único que non se pode facer é resignarse.

P.- ¿Por qué contesta en Gallego si le preguntan en español? Me parece una enorme falta de respeto

R.- Sei que vostede respecta o meu idioma como eu respecto enormemente a liberdade individual de cada un de expresarse como queira. As persoas que me preguntaron en castelán coñecen o meu respecto ao uso individual dos idiomas, por iso manteñen este diálogo comigo. Vostede pode preguntarme en castelán e eu responderlle en galego, iso é respecto.

P.- boas marìa xosè. como vicepresidenta 3ª dunha deputaciòn, crees que tales organismos son tan innecesarios coma din alguns partidos, incluido o BNG? mandarche tamen ànimos de cara a recta final da campaña e moita sorte o dia 20.

R.- Grazas. Sabendo que o Goberno da Deputación de Lugo actúa dunha forma ben distinta a outras deputacións, como a de Ourense ou Pontevedra, é obvio que na actualidade os mecanismos descentralizadores que eran as Deputacións no século pasado xa non teñen sentido grazas ao autogoberno. Os seus fondos poderían pasar aos concellos máis pequenos ou a entidades supracomarcais de forma directa. Sería un aforro.

P.- Señora Vega, buenas tardes. ¿Como ve que formaciones políticas minoritarias en el parlamento español como BNG o ERC puedan actuar de partidos bisagras y en este sentido decidir la política nacional, como ya ha ocurrido en legislaturas anteriores? ¿Ocurrirá de nuevo en esta nueva legislatura, en caso de que el PP no saque mayoría abosulta? Muchas gracias.

R.- Grazas a ti. O estado español é o suficientemente plural como para reducilo a dúas opcións políticas. Xa está demostrado que o feito de que o BNG puidese influír nos presuposto supuxo un crecemento da inversión en Galiza. Sen a presenza nas Cortes Galiza seguiría sen cobrar a débeda histórica, recoñecida ata por Fraga. O que vostede chama visagra supuxo enormes progresos para Galiza.

P.- Que pensa sobre a Banca Ética?

R.- Noutros lugares do mundo, menos desenvolvidos, a sociedade civil impulsou prácticas de préstamos onde a ética está por riba da especulación. En Galiza sería necesario apostar por unha banca pública, que sería a única que podería aspirar a ter o título de ética.

P.- Cal cre vostede que debe ser a forma, os pasos a seguir, para simplificar a Administración local? Refírome sobre todo á supresión das deputacións e á redución do número de concellos. Moitas grazas

R.- Debiamos suprimir as Deputacións e apostar pola cooperación entre concellos, traballando en rede dende entidades corporativas adaptadas á relación que os galegos temos co territorio, como serían as comarcas. Grazas a ti.


Entrevistado por El País

El 11 de Noviembre de 2011




María Xosé Vega Buján

ha charlado con los lectores



Quizás te pueda interesar

           
Cristina Mediero
           
Viggo Mortensen

           
Pepa Bueno
           
Blanca Suárez, Junio Valverde y Jim

           
Carolina Navarro
           
Ainhoa Arbizu

Nueva entrevista       Entrevista al azar

Interviús © 2017 www.intervius.com